Cantos na Maré volta con "forzas renovadas"

Thaïs Morell, Karyna Gomes, Uxía, Narf e Jorge Palma compoñen o cartel do festival

16/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo dun ano de pausa o Festival Cantos na Maré voltará a Pontevedra o vindeiro 16 de xaneiro con "forzas renovadas". Así o aseguraba onte Uxía Senlle, directora do evento dedicado á música da lusofonía, na presentación da nova edición. O cartel que se fixo público achega dous descubrimentos musicais, como son a brasileira Thaïs Morell e a africana de Guinea Bissau Karyna Gomes. Con elas, a propia Uxía estará no escenario canda a Narf, con que comparte o seu último proxecto musial. Como grande incorporación, o encontro contará este ano con Jorge Palma, un dos alicerces da música rock portuguesa. A maiores, a organización sinala que está a traballar para incorporar aínda un novo nome de grande repercusión internacional. As entradas están xa á venda.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maré, Narf, Uxía Senlle, Uxía Senlle...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares