Os escritores ourensáns recóllense no Liceo para reflexionar sobre literatura

Auria literaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Sección de Literatura do Liceo de Ourense recupera a celebración dos Encontros de Escritores Ourensáns que organizou o Clube Alexandre Bóveda ó longo da década dos 90. Este sábado terá lugar a quinta edición destes encontros, coa participación de case vinte autores, entre os que están Alfredo Conde, Ramón Caride, Xosé Carlos Caneiro, Camilo Franco e Marcos Valcárcel. Durante a xornada sucederanse mesas redondas e faladoiros, tamén está prevista a presentación do libro ‘‘A esmeralda branca’’ (Follas Novas 2006), do poeta Manuel Vilanova.

Máis información no Programa do Encontro

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Ramón Caride, Ramón Caride...