Os III Diálogos Literarios de Mariñán reflexionaran sobre as diversas relacións entre conceptos e entre autores

Mariñán volve abrirse ao diálogo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Por terceiro ano a Fundación Carlos Casares leva ao Pazo de Mariñán o seu programa de Diálogos Literarios. Neste encontro de reflexión e intercambio entre a literatura galega e outros sistemas literarios participarán entre o 31 de maio e o 4 de xuño numerosos autores e críticos como Xosé María Álvarez Cáccamo, Rosa Regás, Ramón Loureiro, Fernán Vello, Ian Gibson ou Xosé Carlos Caneiro, entre outros. Das seis mesas programadas a metade debaterán sobre o encontro entre conceptos como “Historia, literatura”, “Fala, memoria” e “Literatura, vida”; as outras tres reflexionaran sobre as converxencias e diverxencias entre autores como “Valle Inclán, Rosalía”, “Antonio Machado, Jorge Luis Borges” e “Miguel Hernández, Lorenzo Varela”.

Máis información no programa dos III Diálogos Literarios de Mariñán
e na Fundación Carlos Casares

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Carlos Casares, Fundación Carlos Casares, Xosé Carlos Caneiro...