Comezan os II Diálogos Literarios do Pazo de Mariñán, que centran a súa atención no diálogo entre culturas

Segundas conversas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha homenaxe ao “Merlín e Familia” de Cunqueiro, dará saída o día dous de xuño aos II Diálogos Literarios que a Fundación Casares organiza no pazo de Mariñán. Ademais deste acto trataranse cuestións coma os problemas da tradución e de editar poesía. A literatura e a violencia ou a experiencia de autores galegos preto do Mediterráneo son algúns dos temas que se debaterán neste encontro, ao que acudirán persoeiros da cultura coma Luís González Tosar, Miguel Anxo Fernán Vello ou María do Cebreiro, Xosé Miranda, Tucho Calvo, Susana Fortes ou Arcadio López-Casanova.

Máis información en Galicia Hoxe e en La voz de Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Mariñán, Tucho Calvo, Xosé Miranda, Luís González Tosar...