O pazo de Mariñán acolle os I Diálogos literarios que organiza a Fundación Carlos Casares

As letras falan en Mariñán

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha xuntanza de escritores que se celebrou o ano pasado en Mondariz-Balneario foi o punto de partida para o nacemento dos I Diálogos Literarios de Mariñán. Este encontro está organizado pola Fundación Carlos Casares e quere ser un foro permanente de encontro entre escritores das distintas linguas peninsulares. A primeira edición, que comeza o vindeiro dous de xuño, artéllase en varias sesións de traballo nas que participan un escritor en galego e outro nunha lingua allea. A relación entre os escritores e as patrias, as meditacións creativas ou o localismo e o cosmopolitismo na literatura serán algúns dos temas que se tratarán nos diálogos, que se prolongarán ata o día seis.

Máis información en Galicia Hoxe; sobre o encontro de Mondariz-Balneario nesta nova; sobre a Fundación Casares no noso tema

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Carlos Casares, Fundación Carlos Casares, Culturagalega...