O Centro de Estudos Carlos Casares estréase cunhas xornadas sobre a faceta xornalística do escritor

Crítica, literatura e xornalismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A relación entre Carlos Casares e a cidade de Ourense reforzouse co nacemento do centro de Estudos que leva o seu nome e que depende da fundación creada para preservar o legado do escritor. E nese centro celébrase a partir de mañá, unhas xornadas que pretenden destacar a súa faceta xornalística, ademais de acoller conferencias e mesas redondas sobre a crítica literaria e a relación entre os escritores e os medios de comunicación. Por outra banda, o pazo de Mariñán acolle unhas xornadas sobre a creación e a crítica literaria. É o “II encontro de escritores galegos” que recupera a súa actividade logo de dous anos de parón.

Máis información sobre o congreso de Ourense en La Voz de Galicia e sobre o encontro en Mariñán en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Escritores, Ourense, Literatura...