Ourense abrirá un centro de estudos dependente da Fundación Carlos Casares

Un centro con C

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O espírito de Carlos Casares está máis vivo ca nunca en Ourense. Precisamente porque a cidade das Burgas é a sede do Centro de Estudos Carlos Casares, que pretende ser unha extensión da Fundación. O centro velará polo estudo e a difusión da obra literaria do escritor, pola promoción do seu legado cívico e cultural e polo diálogo entre Galicia e a cultura universal. O espazo, que será coordinado por Marcos Valcárcel, comeza xa cun programa de actividades moi completo como un curso de literatura e cine (o mes de xullo en Celanova), unhas xornadas sobre xornalismo literario (en outubro), e as xornadas "O Café Voltaire. Arte e literatura no Ourense dos anos 60" (en decembro), entre outros actos.

Máis información en La Región e no noso tema sobre Fundación Casares

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Ourense, Literatura, Fundación Carlos Casares...