A Fundación Casares será presentada en setembro de 2002

Casares e non só Casares

| Santiago. Redacción. | Seccións: Literatura
Compartir:
A Fundación Carlos Casares porase en marcha en setembro. Segundo o fillo do escritor, Hakan Casares, a Fundación non valerá só para a difusión e o estudio da obra de Casares, senón que pretende ser “un elemento articulador da misión de difusión cultural” no que terán cabida moi diferentes manifestacións científicas, lingüísticas ou literarias. Na Fundación participará a familia do escritor, as entidades das que el foi membro e diferentes empresas. Un dos primeiros proxectos será a edición dun libro de Marcos Valcarcel sobre a relación entre Ourense e o escritor.

Máis información en O Correo Galego

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Casares, Carlos Casares, Hakan Casares, Fundación Carlos Casares...