O recente falecemento da poeta Xela Arias mobilizou boa parte dos nomes das nosas letras para participar no libro homenaxe Xela Arias, quedas en nós. Autores coma marial Aleixandre, Alfonso e Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Bragado, Xosé Luís Méndez Ferrín ou María Xosé Queizán participan nesta obra que oferta como peculiaridade unha colaboración enviada por Manuel María pouco antes da súa morte. Mentres, Edizioni ETS acaba de publicar a antoloxía Infiniti Instanti, que recolle unha selección de trinta poemas de Luís Pimentel.
Máis información na sobre o libro homenaxe na edición de hoxe de El Progreso e na ficha de Lg3; sobre a tradución de Pimentel en La Voz de Galicia