Ferrín e Xohán Cabana critican erros nas biografías de María Mariño mentres Ánxela Bugallo reclama a modificación do Día das Letras

Letras revisadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As recentes biografías e análises sobre María Mariño teñen "inexactitudes", "máis fragmentos erróneos do normal" e un aquel de "culebrón". Estas son as críticas que onte verteron Xosé Luís Méndez Ferrín e Darío Xohán Cabana na homenaxe da Real Academia á poeta. Os académicos reivindicaron tamén a orixinalidade única da autora. Ao tempo, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, apuntaba a necesidade de modificar esta celebración e que se debería barallar a posibilidade de lla dedicar a escritores vivos. Bugallo apuntou que esta é unha cuestión "que lle podemos formular entre todos" á RAG.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a homenaxe; sobre as declaracións da conselleira; en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, María Mariño, María Mariño, Darío Xohán Cabana...