Xerais e Sotelo Blanco preparan un libro homenaxe a Méndez Ferrín cando se achega o seu setenta aniversario

70 anos de Ferrín

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
En 2008 fanse setenta anos do nacemento de Xosé Luís Méndez Ferrín. Figura capital das nosas letras, o autor recibirá en breve unha homenaxe na forma dun volume colectivo. As editoras Xerais e mais Sotelo Blanco están a coordinar este proxecto, para o que contan coa colaboración dun lote de autores que achegarán textos sobre a figura do personaxe e a súa obra. Anxo Angueira, Rosa López, Miguel Anxo Seixas ou Antón Dobao son algúns dos que xa confirmaron a súa colaboración, segundo explica Galicia Hoxe.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Sotelo Blanco, Galicia Hoxe, Antón Dobao...