A fantasía na literatura será o eixo na XV edición dos Encontros Literarios da Cátedra Carlos Casares

Fantástica literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Consolidados xa coma unha das máis importantes citas literarias de Ourense, estes encontros organizados pola Universidade, a Deputación de Ourense e o Liceo convocan a un grupo de escritores de calidade recoñecida para participar nas conferencias e coloquios. Se o ano pasado o eixe central dos encontros foi a visión da literatura desde unha óptica feminina, este ano, aproveitando o aniversario da obra de Cunqueiro “Merlín e familia”, o tema será a fantasía. Susana Fortes inaugurará este venres 14 os encontros coa conferencia “El aire de una novela”. O martes 18 será o quenda de Julio Llamazares coa conferencia-coloquio “Fantasía ou realidade”, e Xosé Carlos Caneiro finalizará esta edición o venres 20 con “A rutina de Sísifo”(Ou porqué a literatura ten prohibido subir a montaña).

Máis información no Duvi

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Carlos Casares, Xosé Carlos Caneiro, Escritores...