A biblioteca da Deputación da Coruña acolle diferentes actividades arredor da BD este outono

BDeputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A BD chega con forza este outono e inverno á biblioteca que a Deputación da Coruña mantén na Cidade Herculina. Un obradoiro de técnicas narrativas, impartido por Kike Benlloch, un de creación de personaxes a cargo de Fernando Seage e outro de técnicas artísticas, por Brais Rodríguez e Roque Romero, desenvolveranse de xeito consecutivo un día á semana ata o vindeiro mes de xaneiro. Ademais, no centro prográmase cada martes ás 19:30 un ciclo de cine con filmes baseados en bds, e no propio vestíbulo da biblioteca pódese ver unha exposición de exemplares de BD, centrados en obras galegas e cómics adaptados ao cine. Os encargados do centro sinalan que como peche da programación están a preparar unha mesa redonda sobre o cómic, para a que agardan contar con diferentes actores e especialistas. O prazo de inscrición aos obradoiros está aberto.

Máis información no web da biblioteca

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Cómic, Cine, Obradoiro...