Os participantes no Taller de Creación de Cómic da Deputación da Coruña presentan o seu traballo

Bibliotecas e autores

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Teñen entre sete e once anos de idade e xa publicaron o seu primeiro fanzine, “Tacreco”. Son os arredor de vinte nenos e nenas que participaron na Taller de Creación de Cómic da Deputación da Coruña que impartiron ao longo dos dous últimos meses Brais Rodríguez, Roque Romero, Fernando Seage e Luís Liaño. A obra presentouse sábado na Biblioteca Provincial da Coruña. Na mesma cidade, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil acolle hasta o final deste mes unha exposición sobre os cincuenta anos de Mortadelo e Filemón. Para rematar, o pasado venres inaugurábase a biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, que conta cun fondo de 3000 volumes de banda deseñada na súa maioría dispoñibles para préstamo a domicilio e organizados nunha sección propia. No mesmo centro pode verse unha exposición didáctica sobre os recuros da BD.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Deputación da Coruña, Bibliotecas, Brais Rodríguez...