As bibliotecas de Compostela e Pontevedra acollen 14 obradoiros de BD este outono

As actividades consisten en dúas series de talleres temáticos

Un total de catorce obradoiros temáticos de creación de banda deseñada desenvolveranse ao longo deste outono nas bibliotecas de Ánxel Casal de Santiago e Nodal de Pontevedra. As actividades, coordinadas pola Asociación BD Banda, consisten en cadansúa serie de talleres organizados por sesións temáticas. Deste xeito, ao longo da estación trataranse en cada un dos centros cuestións coma a BD europea, o manga, a creación de personaxes, a guionización ou os recursos expresivos da novena arte. Autores coma Kiko da Silva, Enma Ríos, Fran Bueno, Miguel Porto ou Pepe Carreiro impartirán estas sesións, que teñen o prazo de inscrición aberto e que están dirixidos a públicos de entre 13 e 20 anos. Ao tempo, a biblioteca Ánxel Casal de Santiago acollerá tamén obradoiros de animación á lectura de banda deseñada, impartidos pola Cooperativa Andaina.