Os debuxantes María Vilar e Iago Araújo impartirán un curso de creación de banda deseñada na academia Tesis, en Vigo. A iniciativa, que ten aberto o prazo de inscrición, pretende dar a coñecer polo miúdo as técnicas e recursos necesarios para facer unha banda deseñada completa, e ten previsto prolongarse durante nove meses. Esta é na actualdiade a única oferta formativa estable e específica para creación de BD que existe na nosa comunidade, fóra de cursos puntuais ofrecidos en bibliotecas e centros de ensino.
Ao tempo, outras iniciativas novidosas queren favorecer a lectura de banda deseñada. Por unha banda, a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago inicia mañá as sesións de iniciación á lectura de banda deseñada. Cada xoves ata o final do vindeiro mes de novembro, o centro acollerá unha charla explicativa na que un coñecedor do medio explicará as tendencias, autores e estilos que máis poden interesarlle aos diferentes lectores e achegará recomendacións aos asistentes segundo os seus intereses.
Pola outra, na biblioteca González Garcés da Coruña continúa cada venres, ata final do mes de decembro, o Club de Lectura de Banda Deseñada que coordina Henrique Torreiro e que se celebra por vez primeira este ano. O proxecto ten aínda prazas para os interesados.
Continúa tamén en Gondomar unha nova xeira do Club Lecturas Debuxadas, que ten xa programadas as súas sesións mensais ata o vindeiro mes de decembro.