O debuxante Manel Cráneo impartirá sete cursos de banda deseñada en centros de lectura e locais sociais da Coruña

Aprender BD na biblioteca

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A biblioteca de Monte Alto abre o vindeiro tres de maio o programa de cursos sobre BD que organizou o Concello da Coruña. O debuxante herculino Manel Cráneo impartirá en diferentes bibliotecas e centros sociais da cidade sete destes obradoiros, nos que amosará desde técnicas de debuxo ata xeitos de impresión. De cada un destes cursos seleccionaranse dous participantes que poderán asistir ao obradoiro realizado polos profesionais da BD que acudan á vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico.

Máis información en La Opinión; a nosa ficha de Manel Cráneo

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manel Cráneo, Obradoiro, Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico...