A rede achéganos os fondos de BD da biblioteca do Fórum Metropolitano e novos blogs de autores e afeccionados

Redada: Con B, biblioteca e blogs

11/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A biblioteca do Fórum Metropolitano da Coruña conta con 4.000 referencias de BD, entre elas os fondos do falecido cineasta Antonio Blanco. Un artigo na revista Interea Visual, da Deputación da Coruña, danos a coñecer as peculiaridades da catalogación destes fondos e sinala que case a cuarta parte dos préstamos de ficción que realizan no centro corresponden a cómic. Ademais, a rede achéganos os novos blogs de dous autores. Fernando Iglesias e Jacobo Fernández, que asina tamén o caderno de Archimboldo Roque, son as últimas incorporacións a este medio. Tamén encontramos outro web no que abonda a crítica sobre BD, o titulado "A metro escaso do cinismo".

Máis información no web da revista Interea; blog de Fernando Iglesias, blog de Jacobo Fernández; blog de Archimboldo Roque; A metro escaso do cinismo

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fórum Metropolitano, Fernando Iglesias, Jacobo Fernández, Cómic...