Jano, Roque Romero e Carlos Arrojo súmanse á marea de blogs, mentres Miguel Porto anuncia a súa participación en "2 Veces Breve"

Redada: Cada vez máis blogs

11/1/2007 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
9 lecturas | Compartido 0 veces
Continúa medrando de xeito acelerado o número de autores de BD galegos que contan cun blog propio. Agora son Jano Viñuela, cun fotolog, Roque Romero e Carlos Arrojo os que abren espazos na rede. Ao tempo, Miguel Porto anuncia no seu que participará na nova época da revista "2 Veces Breve" na súa volta ao quiosco. A publicación contará tamén coa presenza de Diego Blanco. Para rematar, desde a edición dixital da revista "Interea", chéganos a transcrición dunha mesa redonda sobre o traballo colectivo na cultura que conta coa participación de Kike Benlloch a representar o colectivo Polaqia.

Máis información en no fotolog de Jano, o blog de Roque Romero o de Carlos Arrojo; a colaboración de Porto na revista no seu blog; a mesa redonda no web de Interea


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos