A novena xuntanza do Coloquio de Museos analiza a súa relación co espazo

A charla dos museos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os museos non son entes abstractos, senón centros que teñen relación co seu contorno, e o seu propio espazo está condicionado aos seus obxectivos. Sobre estas relacións reflexiona o IX Coloquio de Museos que organizan o Consello Galego de Museos e o Museo Provincial de Lugo, e que comeza hoxe nesta cidade. Arquitectos, historiadores e directores de museos participan nas xornadas que se desenvolven ata o sábado día 28 e que inclúen visitas culturais a varios centros como o Museo do Castro de Viladonga, o Mosteiro de Meira ou o Museo de San Paio de Narla.

Programa e información neste blog

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museo do Castro de Viladonga, Museo Provincial de Lugo