A Dirección Xeral de I+D+i presenta Diverciencia, un programa que aglutina iniciativas de divulgación científica

Ciencia con marca

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Arredor dun cento de actividades organizadas desde a Dirección Xeral de I+D+i e dunha vintena entidades integran o comezo do programa Diverciencia, que presentou esta mañá Salustiano Mato, titular do departamento, no Consello da Cultura Galega. A idea desta marca é aglutinar todas as iniciativas de divulgación científica que se desenvolvan deste esta institución. Entre outras propostas inmediatas, intégranse na iniciativa a Semana da Ciencia, un novo programa de radio ou unha exposición itinerante sobre o cerebro. Ademais, e ao longo de todo 2007, programaranse excursións, obradoiros, conferencias, xogos e todo tipo de actividades, dirixidas especialmente aos mais novos.

Máis información no web do programa

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos