A Semana da Ciencia desenvolve múltiples actividades por todo o país

Unha semana de quince días

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Un ano máis, Galicia énchese de propostas de divulgación científica. A Semana da Ciencia achega, desde onte e durante unha quincena, propostas do máis variado para dar a coñecer como funciona o mundo e en que xeito se investiga. Cafés científicos, exposicións, visitas guiadas, teatro e todo tipo de actividades completan o cento de iniciativas coas que a Consellaría de Industria quere achegar este mundo ao público xeral. Trinta e nove entidades participan no programa, que se achegará a 28 localidades do país e conta cun orzamento de un millón de euros.

Máis información no web do programa; máis sobre a Semana da Ciencia nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Teatro, Exposicións, Consellaría de Industria...