A divulgación científica, nas súas máis variadas formas está a multiplicar a súa presenza en todo tipo de programa culturais. Ás xa clásicas exposicións e conferencias súmanse propostas coma cafés científicos, cabarets, xogos, espectáculos de maxia ou teatro son algunhas das propostas que se están a xeneralizar por todo o país e que rachan as fronteiras entre investigación e creación. Salustiano Mato, director xeral de I+D+i, e Luísa Martínez, responsable de cultura científica do CSIC explícannos a situación deste ámbito en Galicia nestas datas en que se celebra a Semana da Ciencia.
Está claro que non somos un país cunha tradición científica comparable aos grandes centros de innovación do mundo, e que mesmo o prestixio da investigación non é moi elevado por estes lares. Salustiano Mato, director xeral de I+D+i, recoñece que queda aínda moito por facer neste campo. España foi sempre con atraso neste sentido e en Galicia ata o de agora máis, aínda que estamos comezando a superar o escenario español, explica. Coincide con el Luísa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, que observa que a situación vai mellorando a medida que pasa o tempo, pero a investigación aínda é unha grande descoñecida. Galicia a ese nivel está moi ben situada, pode verse agora na Semana da Ciencia. Non temos moitos centros pero si que hai unha grande actividade, completa.
As claves
Detrás desta multiplicación de propostas existe unha alta dose de vontade política. Para Mato a aposta que a Consellaría de Industria realizou a través do programa Diverciencia, que achega axudas específicas ás actividades de divulgación e dinamización social neste campo foi un fito. Hai poucas comunidades que fagan un programa tan intenso e que aposten tanto por isto. Somos unha das que máis fondos achegan en termos relativos para estas actividades. A Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Innovación felicítanos coma unha das comunidades máis activas. E se eles teñen 70.000 euros para investir en Galicia nós poñemos 700.000. Segundo asegura Mato é principalmente a Administración Autonómica a que está a promover da divulgación da ciencia na nosa sociedade, e aínda que recoñece que en xeral as clase política está concienciada con este ámbito, os recursos que dedican a estas actividades tanto España coma Europa son moi raquíticos, e ademais céntranse nunha promoción no ámbito académico, que é moi interesante pero que só chega a unha parte moi pequena da poboación. Aquí estamos apostando por rachar esa tendencia.
A necesidade do apoio
Nos últimos tempos desde a Dirección Xeral de I+D e da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio está a haber axudas para o desenvolvemento da cultura científica. Entón existe un certo apoio financeiro, explica Martínez desde o CSIC, que salienta a necesidade de que se impliquen os profesionais da ciencia. Moitos investigadores xa teñen consciencia da necesidade de desenvolver este traballo, pero o apoio estatal é imprescindible. Fan falla medios, xa sexa investindo directamente en actividades, xa sexa apoiando os científicos que as abordan. O problema moitas veces é que aos investigadores non se lles recoñece o labor de divulgación. Teñen que facer o seu traballo diario e ademais encargarse disto, pero non se lles valora economicamente nin o poden recoller no seu currículo, completa. Para paliar este problema a nivel galego e tamén estatal está a xurdir a figura dos responsables de divulgación, persoal que pode ter formación científica ou de comunicación e que fan de ponte entre os investigadores e a sociedade.
A utilidade de divulgar
Cabe preguntarse qué se consigue, alén de mellorar a cultura xeral, con estas propostas. Para Martínez, a divulgación científica é fundamental a nivel de información para a cidadanía. A maior parte dos centros de investigación e das universidades reciben cartos públicos, e aínda que non está escrito nos papeis, teñen a responsabilidade de que os cidadáns saiban o que se fai con eses cartos. Moitas veces a xente ten unha idea trabucada do que fan os científicos, e hai unha demanda real da sociedade por sabelo. Mato, pola súa banda, sinala que, alén dese obxectivo que permite ter unha cidadanía máis informada, a divulgación científica tamén sensibiliza e amosa que coa investigación danse solucións aos problemas da xente, créase emprego cualificado e que é un elemento clave para o desenvolvemento da sociedade do benestar. Hai un terceiro mensaxe nestas medidas que é espertar a curiosidade e as vocacións científicas, tentanto que ser investigador se vexa coma algo tan interesante como ser futbolista ou artista, completa.
Os éxitos galegos
Á hora de destacar algunhas iniciativas concretas de divulgación, Mato destaca o impacto que están a conseguir os novos formatos de divulgación que se desenvolven en Galicia. Lembro con especial cariño a Noite dos Investigadores, que se visibilizou en toda Europa e que nos puxo en moi bo lugar no contexto internacional. Despois houbo tamén propostas coma as obras de teatro que fixemos o ano pasado sobre nanotecnoloxía para público infantil, e que o grupo Chévere aínda emprega e representou en moitos lugares. Coincide tamén Martínez no éxito destes novos formatos. Das propostas que se están a desenvolver actualmente o que mais destaca é o cabaret científico. Este é un xeito diferente de facer divulgación para adultos. Tamén os cafés científicos, que xurdiron aquí en Galicia, están a ter moito éxito. Para Salustiano Mato, de calquera xeito, o máis interesante é que coa nosa insistencia en innovar nos formatos de divulgación estamos contaxiando os investigadores e os organismos que colaboran con nós, que se esforzan e desenvolven produtos realmente novidosos. É moi significativo que unha asociación de empresarios se presente a este programa e empregue o teatro para explicarlle o I+D aos nenos, indica que o estamos conseguindo.
Exemplos a pé de rúa
A falar sobre as propostas que coordina no CSIC, Martínez indica que temos tamén actividades de calidade, coma a exposición sobre arqueoloxía ou sobre os legumes. Tentamos traballar ámbitos da vida cotián na súa dimensión científica. Agora, por exemplo, estamos a facer obradoiros de bioloxía mariña no mercado de Bouzas, en Vigo. É un xeito achegado de amosar a ciencia. A facer unha ollada histórica, esta divulgadora recoñece o traballo dos Museos Científicos. Son un referente tanto a nivel galego coma a nivel estatal. A xente responde moitísimo e teñen actividades coma o Día da Ciencia na Rúa que funcionan moi ben, completa. E é que hai xa maís de dúas décadas que abría na Coruña a Casa das Ciencias. A esta proposta pioneira seguiron os outros Museos Científicos Coruñeses (a Domus ou o Acquarium) que demostraron que a divulgación científica, ben traballada, podía ser todo un éxito e ocupar por dereito propio un lugar relevante na programación cultural dunha cidade. O proxecto para instalar na cidade do Museo Nacional da Ciencia, trasladado desde Madrid, refrenda o traballo deste modelo.
A continuidade e o ideal
O actual florecemento da divulgación científica non ten, en calquera caso, garantida a súa continuidade. Eu teño claro que a divulgación é o futuro, pero en tempos de crise estas cousas son as que saen mais prexudicadas. Danselle prioridade aos proxectos de investigación e o mesmo non se ten moito en conta o apoio á comunicación, explica Mato. A falar sobre como sería a situación ideal de Galicia no campo da cultura científica sería conseguir que un programa coma Diverciencia fose algo estrutural, de xeito que non o impulsase só o goberno senón todos os axentes do sistema galego de innovación, e que as entidades que están en contacto coa cidadanía o tomasen coma un elemento dos seus programas. O óptimo sería que chegase un momento no que a propia xente reclame información e actividades sobre este tema, completa.