Este sábado comeza en Carballo a décimo quinta edición do Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), unha das citas máis relevantes da escena galega. En plena celebración do “Ano da memoria”, o festival achega o seu gran de area programando comedias que recuperan a historia como feito dramático. Faino case de xeito cronolóxico, por iso é lóxico que a superprodución galega de Teatro do Noroeste “Imperial: Café Cantante”, ambientada nos dÃas anteriores ao estoupido da Guerra Civil sexa a encargada de abrir o pano dun escenario polo que pasarán Titzina Teatre, Tanttaka Teatroa ou a CompañÃa de Miguel Narros. Ademais, entre as abondosas actividades paralelas programadas, destaca a sinatura dun convenio co Instituto Camoes para incorporar compañÃas de Portugal nas vindeiras edicións.
Mais información no web da mostra