As aparencias centran a temática da XVI edición da Feira Internacional de Teatro de Carballo

Cae a folla, cae o pano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chega outono e con el, unha nova edición dunha das citas teatrais máis destacadas do panorama galego: a Feira Internacional de Teatro de Outono (13 de outubro ao 1 de novembro). Organizado polo Concello de Carballo e arredor dunha temática específica, este ano abordará os límites entre realidade e ilusión, para ofrecer reflexións sobre a construción da nosa identidade e para poñer de relevo que o finximento e a aparencia forman parte da nosa personalidade. Para iso, tanto as obras que compoñen a mostra (entre as que destaca, “Bebé” de La Pavana Compañía Teatral ou “Los locos de Valencia” de Teatro Corsario), como as actividades paralelas pretenderán achegar as dificultades de distinguir entre a vida e o soño.

Máis información no web do Festival

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Feira, Identidade, Concello de Carballo...