É unha das citas teatrais máis destacadas do outono por varios motivos: primeiro pola súa perseverancia (este ano cumpren 17 edicións), segundo pola súa repercusión social (cada ano medra en número de espectadores) e, por último, pola importancia do cartel que inclúe grupos de primeiro nivel. Esta tarde a XVII FIOT (Festival Internacional de Outono de Carballo) botará a andar coa presentación do programa. Será o humorista Rober Bodegas o encargado de presentar o cartel que terá lugar entre o 3 de outubro e o 1 de novembro. O que xa se sabe é que haberá 9 representacións teatrais de sala a cargo de compañÃas de Valencia, Galicia, Madrid, Baleares, Italia, Portugal ou Bélxica, e un amplo programa de actividades paralelas como animación teatral e teatro de rúa, o concurso escolar de teatro lido, o encontro de festivais, a Rúa dos Contos, unha exposición e a entrega do galardón Xograr de Outono, entre outras.