Cultura presenta en Pontevedra "Patrimonio no medio" un programa para achegar o patrimonio ás comunidades de montes

O que agochan os montes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Dar a coñecer ás comunidades de montes e aos axentes forestais a riqueza patrimonial que está agochada no seu monte. Este é o obxectivo do programa "Patrimonio no medio", que presentaban hoxe en Pontevedra os delegados da consellarías de Cultura e de Medio Rural. A proposta, que xa se iniciara de xeito piloto antes do verán, pretende concienciar os propietarios da necesidade de coidar os elementos patrimoniais existentes nas súas propiedades e, ao tempo, fornecelos dos coñecementos necesarios para os coidar. A proposta desenvolverase ata o vindeiro mes de novembro en lugares coma Moaña, Pontecaldelas, Cerdedo, Cotobade ou Mondariz.

Máis información no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Medio Rural, Cerdedo, Mondariz...