A Xunta diminuirá a presenza do eucalipto e buscará implicar aos propietarios no custe das tarefas de extincións

Os días D

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"Galiza contra o lume. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio nas políticas para o noso monte". Este foi o lema que encabezou a manifestación que Santiago acolleu onte e que foi secundada por 10.000 persoas, segundo expertos sindicalistas ou 35.000 segundo os convocantes, a plataforma “Nunca Máis”. Pero non é a única consecuencia que deixou tras de si dez días de incendios que arrasaron o 2% da masa forestal galega, xa que a Consellaría de Medio Rural acaba de anunciar que unha das principais novidades do Plan de Reforestación que se porá en marcha eliminará o eucalipto. Ademais, “La Voz de Galicia” publica hoxe que a Consellaría de Medio Rural está a traballar no proxecto de lei sobre prevención e loita contra os incendios forestais e nos que pretende corresponsabilizar aos propietarios dos montes. A forma de facelo será cobrándolles por apagar os lumes que se produzan nos seus territorios.

Máis información sobre a manifestación en Vieiros, en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia a concentración, o baile de cifras e o cobro para os montes privados; a eliminación do eucalipto no Faro de Vigo e sobre a problemática dos incendios forestais nas actas do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Medio Rural, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe...