AÃnda non se coñece a superficie total queimada en Galicia malia que as primeiras estimacións feitas polo Goberno Galego falan de 70.000 hectáreas. Entre as cinzas comezan a aparecer os restos do patrimonio natural e inmoble que se veu alterado por mor dos incendios. Desde a ConsellarÃa de Cultura están a elaborar un informe que determine en qué medida afectou ao patrimonio galego ademais de coordinarse coa ConsellarÃa de Medio Rural para adoptar de xeito conxunto e de cara o futuro, medidas que eviten esta situación e respecten o patrimonio. O que si afirman desde Cultura é que as 22 hectáreas nas que se asentan os petroglifos que forman parte do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro non se viron afectados por unhas lapas que si incidiron no seu contorno. Non correu igual sorte o petroglifo de Tourón en Pontecaldelas que foi alcanzado polas lapas. Desde a ConsellarÃa de Medio Ambiente aseguran que están a realizar un informe que a avalÃe en qué medida incidiu na flora e a fauna aÃnda que non precisan cando terán os primeiros resultados.
Máis información sobre a superficie afectada polos lumes en Vieiros, La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e sobre o noso patrimonio natural no web da ConsellarÃa de Medio Ambiente e sobre a problemática dos incendios forestais nas actas do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega