A limpeza dos montes de xestión pública inicia a campaña de prevención de incendios forestais

Polo monte limpo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Mil quiñentos operarios inician hoxe os traballos de roza que se enmarcan no Plan de Prevención de Incendios Forestais da Xunta. A idea é eliminar mato e acondicionar o monte con vistas a minimizar o risco de lumes. Os traballos comezarán polo momento nas 300.000 hectáreas de arborado de xestión pública. Ademais esta medida, a Consellaría de Medio Rural anunciou que incrementará a dotación económica das brigadas de investigación forestal e que haberá unha maior vixilancia nos montes. Ao tempo, solicitou a colaboración das sociedade civil na loita contra o lume.

Máis información en El Correo Gallego, en La Voz de Galicia e en Vieiros; máis sobre incendios nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Medio Rural, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...