O conselleiro de Medio Ambiente anuncia cincuenta medidas para protexer o monte dos incendios

Activar o monte contra o lume

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, anunciaba onte no Parlamento unha serie de medidas coas que a Xunta pretende diminuír a incidencia dos incendios forestais que ano a ano asolan os nosos montes. Ao longo do verán o alto número de lumes motivou diferentes protestas de colectivos sociais, coma a Burla Negra, que acusaba a política forestal do goberno de favorecer as condicións para que se dean lumes provocados. Medio Ambiente propón agora un plan de activación forestal que inclúe a recuperación de terreos queimados, o apoio ás explotacións forestais e unha maior coordinación na loita contra os incendios provocados.

Máis información en El Correo Gallego; no web da Consellería de Medio Ambiente; especial de Vieiros sobre incendios forestais; web da Burla Negra

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Burla Negra, Manuel Barreiro, El Correo Gallego

Claves

Protagonistas