Un dÃa máis, os incendios protagonizan outra xornada negra nos montes galegos. A esta hora continúan activos 110 focos dos que 67 permanecen activos, segundo o Centro de Coordinación. A Ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona achegarase hoxe a Galicia para coordinar desde o paÃs os efectivos contra uns incendios que xa arrasaron 10.000 hectáreas segundo acaba de dar a coñecer a Xunta. Van xa seis os detidos por mor do lume mentres a Administración e asociacións ecoloxistas continúan a solicitar a colaboración cidadá para a súa identificación. O portal “Vieiros” estima en 27 euros por habitante o financiamento da loita contra o lume e esta tarde hai convocada unha concentración na santiaguesa praza de Cervantes ás 21:00 horas. Ademais, a Xunta acaba de activar un teléfono (900 400 800) para coordinar o voluntariado en defensa do monte galego.
Máis información en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, El Pais, El Mundo, o custe da loita contra os incendios no escáner de Vieiros e no web da Xunta as recomendacións para previr as consecuencias da inhalación do fume e o teléfono de coordinación do voluntariado