Santiago acolleu onte a primeira mobilización da cidadanÃa para manifestarse por mor da situación que escribe outro dÃa negro na súa xa longa crónica de loita contra o lume. Mentres, algúns sectores da intelectualidade galega emiten comunicados de repulsa e ofrecen a súa axuda nos labores de voluntariado. Os primeiros en facelo foron os actores, entre os que hai nomes coñecidos como LuÃs Tosar, LuÃs Zahera, Camila Bossa. Fixérono o martes, dÃa no que leron un manifesto para denunciar a situación actual e ofrecer a súa colaboración en “calquera actuación e traballo”. A Asociación de Escritores en Lingua Galega representada polo seu presidente, Cesáreo Sánchez e o escritor Manuel Rivas, convocou unha rolda de prensa para esta tarde “unha declaración pública sobre a situación de incendios cos que está a agredir o paÃs”.
Máis información sobre a situación en La Voz de Galicia, Vieiros, La Opinión, El Correo Gallego e El Pais e sobre a visita de Zapatero a Galicia no web da Xunta