A falta de coordinación e o incremento do risco de lume aparecen coma os retos para a política contra incendios

Máis coordinados contra máis risco

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A primeira das Xornadas “Os incendios forestais en Galicia” que organiza o Consello da Cultura Galega rematou onte sinalando que nos vindeiros anos se producirá un incremento do risco de incendios. A seca fará ata un 25% máis probable que se declaren lumes, segundo asegurou o coordinador do evento e catedrático de Edafoloxía Francisco Díaz-Fierros. Esta situación deberá enfrontarse cun incremento na coordinación entre diferentes corpos encargados de loitar contra o lume. A falta de protocolos específicos e as dificultades para traballar en conxunto sinaláronse no marco das xornadas coma as grandes eivas da política contra incendios.

Máis información no web do Consello; en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e en La Opinión

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Díaz-Fierros, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, La Opinión...