Naceu como resposta cÃvica á situación xerada polo embarrancamento do Prestige e reactivouse por mor da dramática situación xerada polos lumes nos últimos dÃas. Falamos de "Nunca Máis" a plataforma cÃvica que reaparece convocando unha manifestación para o vindeiro domingo 20 (ás 12 horas) en Santiago cun triple lema “Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas polÃticas para os nosos montes”. É a resposta cidadá perante unha situación que comezou a remitir e que, segundo os últimos datos facilitados pola ConsellarÃa de Medio Rural, conta a estas horas con 38 incendios dos que trinta están controlados. Ademais, ás 14:00 horas o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ofrecerá unha mensaxe institucional que emitirán en directo a TVG e a Radio Galega.
Máis información no web da plataforma Nunca Máis, Vieiros, en El Correo Gallego sobre a comparecencia pública de Emilio Pérez Touriño, La Voz de Galicia e sobre a problemática dos incendios forestais nas actas do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega