Investigadores ofrecen os primeiros consellos para recuperar a terra queimada

Reconstrución

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Unha vez que os lumes están completamente extinguidos, os expertos comezan a ofrecer solucións para recuperar as 77.000 hectáreas queimadas segundo a Xunta (que emprega cálculos feitos cun GPS e o perímetro de cada zona) ou as 88.000 segundo a Unión Europea (feitas a través de imaxes que ofrecen os satélites). Os científicos consultados pola prensa galega determina que o primeiro e o máis inmediato é cubrir o chan cun manto vexetal para evitar a erosión, ademais de evitar os traballos con maquinaria pesada e conservar e estabilizar a capa de cinza. De todos os xeitos, hai expertos que lembran que a repoboación deberá atender aos obxectivos e aos terreos e sempre coas técnicas adecuadas.

Máis información sobre os consellos dos expertos en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión, Faro de Vigo e sobre a problemática dos incendios forestais nas actas do congreso organizado polo Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, La Opinión, Faro de Vigo, Unión Europea...