Mañá comeza unha nova xeira da campaña Patrimonio no medio na provincia de Pontevedra. A iniciativa, que desenvolven as consellarías de Cultura e de Medio Rural, busca concienciar a poboación do rural sobre o patrimonio cultural que existe no seu contorno. Desta volta, desenvolveranse charlas e excursións polas parroquias de Salcedo, Sabaxáns (Mondariz), Santa María de Oia, Cedeira (Redondela), Estás (Tomiño) e Catoira.

