Pontevedra inicia un plan para descubrir o seu patrimonio rural

A I Xornada sobre patrimonio cultural nas parroquias celébrase o vindeiro sábado 22 de outubro

18/10/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
1 lecturas | Compartido 0 veces
Coñecer, investigar, divulgar e recuperar o patrimonio das parroquias de Pontevedra para uso e disfrute da cidadanía. Estes son os obxectivos do plan que comeza agora o Concello de Pontevedra e que quere implicar a veciños e asociacións da zona rural no traballo a prol do patrimonio etnográfico, arqueolóxico e arquitectónico. O proxecto arrinca coa I Xornada sobre patrimonio cultural nas parroquias, que se celebra o vindeiro sábado 22 de outubro no Centro Social de Cabanas, en Salcedo.
No encontro explicaranse diferentes iniciativas de recuperación de patrimonio no rural, como o traballo da asociación Cedofeita en Lérez, o proxecto Non des a esquecemento, sobre o patrimonio etnográfico en Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes ou a Aula de Interpretación do río Almofrei.

Universo culturagalega.gal

11/04/2012

O patrimonio por parroquias

O Concello de Pontevedra inicia un ambicioso plan de actuacións sobre os bens culturais no rural

Contextos

Claves

Conceptos