Os tesouros que están no tempo

O Concello de Pontevedra lanza un web para a difusión do seu patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Pontes de Bora. Foto: Tesouros do Tempo

Pontes de Bora. Foto: Tesouros do Tempo

Baixo o título de "Tesouros do tempo", o concello de Pontevedra presentou un web no que se cataloga e difunde o patrimonio do estenso concello de Pontevedra, que inclúe a numerosas parroquias rurais. Cun catálogo e unha proposta de roteiros para percorrer o rico patrimonio artístico e etnográfico, "Tesouros do tempo" aspira tamén a preservar o patrimonio inmaterial.

O web Tesouros do Tempo está promovido pola Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra e naceu ao abeiro do Plan de patrimonio rural posto en marcha pola institución en xullo e 2012. O web defínese como un "repertorio incompleto dos bens patrimoniais de Pontevedra", en referencia ao carácter aberto e en crecemento do sitio. Os bens están estruturados en catro categorías: arqueolóxicos, etnográficos, arquitectónicos e infraestruturas, e agardan incluír no futuro tamén patrimonio inmaterial.

A sección contempla dezaseis propostas para percorrer o patrimonio ao redor de tres temas: sendas naturais, roteiros urbanos e roteiros nas parroquias. Unha área de novas completa o proxecto, centradas na propia información da recuperación da memoria pontevedresa.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O tesouro da Guarda

O proxecto Tesouros vivos do mar amosa o patrimonio marítimo inmaterial deste concello

O patrimonio por parroquias

O patrimonio por parroquias

O Concello de Pontevedra inicia un ambicioso plan de actuacións sobre os bens culturais no rural

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra

Claves

Lugares