Pontevedra e Marín acollen xornadas de reflexión sobre o patrimonio histórico

Queremos Galego Marín e o concello de Pontevedra son os organizadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A asociación Queremos galego Marín organiza durante todo o mes de abril as I Xornadas sobre Patrimonio, que desta volta céntranse nas iniciativas de defensa e valorización do patrimonio galego. As xornadas inícianse este xoves ás 20 h. cunha conferencia do arqueólogo Xurxo Ayán e do xornalista Manuel Gago sobre o seu último libro Herdeiros pola forza e a rede social patrimoniogalego.net e inclúen roteiros locais, conferencias. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra organiza o 12 e o 13 de abril as II Xornadas sobre Patrimonio Rural, na Misión Biolóxica de Galicia, centrada nas experiencias públicas e sociais sobre recuperación patrimonial e custodia do territorio.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marín, Concello de Pontevedra, Xurxo Ayán, Manuel Gago...

Claves

Protagonistas
Conceptos