Ribadeo acollerá unhas xornadas sobre o patrimonio literario galego

Literatura patrimonial

As xornadas sobre patrimonio que cada verán acolle Ribadeo versarán este ano sobre a o valor patrimonial da literatura galega. Neste sentido pasarán polo Auditorio Municipal catorce conferenciantes que ofrecerán cadansúa achega consonte á súa especialidade. As xornadas O Patrimonio Literario Galego reunirán entre o 18 e o 21 de xullo a figuras coñecidas como Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán-Vello, Carmen Blanco ou Cesáreo Iglesias entre outros. Este encontro organizado pola Universidade da Coruña e o Concello de Ribadeo está dirixido por Xosé Leira e Rosa Méndez e ten aberto o prazo de inscrición ata o 15 de xullo.

Maís información en La Voz de Galicia