As xornadas sobre literatura infantil destacan a importancia da obra de Casares para o sector

Os piares da literatura infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Silvia Gaspar e Xabier P. Docampo destacaron a importancia da literatura infantil para o sistema literario galego na primeira xornada sobre o tema que organiza a Fundación Casares. E dentro da literatura infantil consideraron a Carlos Casares como un piar clave pola calidade da súa obra que lle dá un carácter fundacional á literatura infantil. Na sesión de hoxe, Manuel Bragado de Xerais, Xosé Antonio Neira Cruz de Galaxia e Xosé Ballesteros de Kalandraka abordarán a relación da literatura galega co mercado escolar.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Carlos Casares, Xabier P. DoCampo, Xosé Antonio Neira Cruz...