Os relatores do congreso de literatura infantil sinalan que as novas tecnoloxías non inflúen neste xénero

Sen conexión

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A maior parte dos relatores que participaron onte na xornada inaugural do Congreso Hispano-Luso de Literatura Infantil sinalan que na actualidade a relación entre este xénero e as novas tecnoloxías é escaso. Deste xeito, só Xavier Etxaniz, do País Vasco, e Gemma Lluch, de Cataluña, falaron das posibilidades da rede para potenciar os libros para nenos. Mentres, tanto o galego Xosé Neira Cruz coma o portugués Xosé Oliveira recoñeceron carencias na introducción do xénero da rede. Pola súa banda, Pablo Barrena, do Consejo General do Libro Infantil e Juvenil sinalou que non hai influencias da “retórica cibernética” no estilo dos autores.

Máis información en O Correo Galego e en La Voz de Galicia ; sobre o congreso en culturagalega.org ; na nosa Biblioteca podes ler os currículos dos asistentes e resumos dos seus relatorios.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Culturagalega, Literatura, Xosé Neira Cruz...