Escritores analizarán esta fin de semana as relacións entre o xornalismo e a literatura

Entre a nova e a novela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Este fin de semana (19 e 20 de novembro) teñen lugar os III Encontros de Escritores Galegos. Un foro de debate literario que, segundo a Deputación da Coruña “pretende ser unha plataforma plural e aberta e non as capelas habituais de escritores”. Manuel Guede, Salvador García-Bodaño, Xulio López Valcárcel, Miguel Anxo Fernán-Vello, Santiago Jaureguizar e Gonzalo Navaza son, entre outros, os encargados de analizar as relacións entre a literatura e o xornalismo. Todo o que dean de si estas xornadas (debates, conferencias, relatorios...) recolleranse nos “Cadernos de Mariñán”.

Máis información no web da La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Xornalismo, Gonzalo Navaza...