A Universidade da Coruña organiza os primeiros Encontros de Poesía

I Encontros de Poesía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os escritores Manuel Rivas, Jaume Pont, Ana Romaní, Olvido García Valdés, Jordi Virallonga, Xavier Baixeras, Aurora Luque, Alex Susanna, Felipe Juaristi e Xulio Valcárcel participarán coa súa opinión e recitando a súa poesía nos I Encontros de Poesía organizado pola Universidade da Coruña. Os encontros coordinados por Pilar Yagüe López, Miguel Anxo Fernán Vello e Luciano Rodríguez terán lugar en distintas sedes da Universidade, o Salón de Actos do Campus de Esteiro (Ferrol), que acollerá a inauguración e posterior recital poético o día 11. No Paraninfo da Maestranza na Coruña terá lugar esa mesma tarde un foro arredor do tema “Poesía e cidadanía”. O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía será o lugar onde o venres 12 Alex Susanna, Felipe Juaristi e Xulio Valcárcel abordarán o tema “Estado da Poesía”. O encontro está patrocinado pola Dirección General del Libro (Ministerio de Cultura) o Institut Raimon Llull e a Deputación da Coruña.


Máis información na UDC

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Universidade da Coruña, Manuel Rivas, Ana Romaní...