É coñecida a problemática específica que ten o patrimonio relixioso no medio rural. A perda de poboación e mais o illamento supoñen unha ameaza constante para unha inmensa cantidade de edificios e bens mobles espallados polo interior da nosa xeografía. Na recuperación deste patrimonio, a implicación dos veciños e a busca de solucións axeitadas ao contorno desempeñan un papel chave no que a Igrexa ten moito que dicir.
Miguel Ángel González, director do Museo Catedralicio de Ourense, delegado de patrimonio desta diocese e membro da subcomisión mixta Xunta-Igrexa sobre esta cuestión, recoñece a problemática específica do patrimonio relixioso do interior. O panorama no rural é moi diferente que o da costa, onde existen máis posibilidades económicas, apunta. Ata o de agora, o patrimonio do interior conservábase co apoio dunhas poboacións que con cariño e moi poucas posibilidades o mantiñan, pero agora hai parroquias moi despoboadas. No caso de Ourense, que é o que mellor coñece, son 1.500 igrexas as que dependen da diocese, o que implica a maiores unha grande cantidade de retablos e de imaxes que sofren a problemática acción do noso clima na madeira. Son retablos dos séculos XVI ou XVII, e agora hai que incidir neles ou perdémolos. Cando menos agora hai abondas empresas de restauración e técnicos ben formados para atender este tipo de problemas, e están se recuperar moitos,pero non podemos dicir que se os vaiamos salvar todos, advirte.
Reitorais e mosteiros
A isto hai que sumar aínda un bo número de casa reitorais, para as que existe, ao igual que para os retablos, un programa específico a nivel autonómico que quere recuperalas para empregos sociais, turísticos e culturais. O problema neste caso, é que para darlles un emprego deste tipo cómpre que haxa unha poboación que o apoie, puntualiza González. Na diocese téntase pórlles o tellado ás que se pode para frear o seu deterioro, pero son moi poucas as que teñen uso social. No caso concreto desta provincia, existe unha problemática particular asociada aos mosteiros. Temos un patrimonio moi rico neste sentido. Algúns son propiedade da Igrexa e outros pasaron a ser públicos. O estado de conservación é moi desigual, aínda que hai que recoñecer que están a recibir axudas.. A transformación en hoteis coma o caso de Santo Estevo de Ribas de Sil, contrasta coa situación aínda ruinosa de Melón ou a conservación de Oseira coa súa función monástica orixinal. De calquera xeito estes son edificios complexos, que cando están amañados por unha banda, comezan a caer pola outra, puntualiza.
Cemiterios
De xeito semellante, un problema que se fai sentir no rural é a evolución dos cemiterios. Fóronse convertendo en agresivos contra o patrimonio monumental. Antes os espazos estaban máis controlados e eran harmónicos co conxunto monumental, agora hai unha proliferación de panteóns co emprego de cristais, mármores e aluminios e a tendencia a que cada defunto teña o seu, lembra González. Nalgúns casos, o crecemento do cemiterio chega a ameazar as estruturas das igrexas ao se pegar os panteóns aos muros dos templos ou ao afectar a cimentación. Nos últimos anos houbo unha política educativamente moi eficaz que foi a aplicación de sancións por parte de patrimonio nestes casos. Isto conseguiu que agora haxa máis coidado ao facer este tipo de obras, recoñece González.
Apoio
Dentro da actuacións de cara á conservación destes bens, o responsable de patrimonio do Bispado incide especialmente na necesidade dun labor de divulgación para concienciar o clero e mais as comunidades parroquiais da importancia do patrimonio deste tipo. No Bispado publicamos desde hai uns meses unha revista, `Dovela´, onde incidimos nas leis e nos procedementos sobre cuestións patrimoniais, e ten moi boa acollida, apunta González. A revista, escrita nun ton didáctico, expón diferentes iniciativas de recuperación de patrimonio que se fan na diocese, explica a lexislación do sector ou analiza os diferentes elementos que compoñen o patrimonio (confesionarios, cálices, retablos ). Desde o Bispado teñen moi claro que en moitos casos son as achegas dos propios veciños as que permiten salvar ou restaurar templos e imaxes. Nos núcleos de poboación pequenos a xente considéraos coma bens propios, e hai comunidades que fan grandes esforzos ás veces heroicos por recuperalos. En ocasións tamén se consigue o apoio de comunidades de montes ou mediante fondos propios ou achegas da Deputación.
Orientar e investir
Desde a delegación de Patrimonio do Bispado, aténdense as situacións nas que hai problemas, oriéntase como conseguir financiamento ou como facer a obra, porque houbo casos en que malas actuacións, aínda que ben intencionadas, deron en danos no patrimonio, completa. A maiores, a propia diocese achega fondos para accións puntuais, boa parte dos cales saen dunha colecta anual para as necesidades dos templos. Non é unha partida moi grande e dedícase ás necesidades máis urxente comas as cubertas dos edificios, explica o delegado diocesano de Patrimonio.
Axuda de Santa María
Nos últimos tempos, o Bispado de Ourense puxo en marcha unha iniciativa pioneira en Galicia para favorecer as accións de recuperación do seu patrimonio. A Fundación Santa María Nai nacía en 2005 a partir da experiencia de dous talleres de restauración que se desenvolveron durante outros tantos veráns con alumnos da escola Gamma de Valencia, lembra González. Nestes proxectos, os traballadores voluntarios contaban con aloxamento e manutención a cargo do bispado e traballaban na recuperación de diferentes pezas. Aquelas actuacións puntuais permitiron recuperar unha trintena de obras e animou aos responsables da diocese a tentar afondar nesa liña de traballo mediante a Fundación. Creouse un taller de restauración que comezará a funcionar en breve. A idea é que alumnos de restauración poidan facer prácticas nel, e aínda que isto non vai solucionar os problemas de todas as rehabilitacións, será un alivios para as obras pequenas e, sobre todo, para as imaxes de lugares onde non se podería facer o investimento nunha empresa de restauración, indica. Novas solucións para vellos espazos aínda moi necesitados delas.