Varias iniciativas reavivan o interese pola creación de museos temáticos

Museos a eito

Non unha, senón dúas. Hoxe coñecimos que o Concello de A Coruña porá en marcha unha Casa das Palabras, situada nos terreos dun antigo cemiterio musulmán de propiedade municipal. Este museo, que se suma ó museo interactivo vigués do mesmo nome, terá un orzamento menor e tamén obxectivos distintos. Ademais, hoxe coñecimos outras novas relativas a museos: Caixanova podería entrar na fundación que xestionará o Museo de Arte Contemporánea de Vigo e a Fundación de Desenvolvemento comarcal de Verín ultima un proxecto para crear unha rede de museos entre Galicia e Portugal.

Outra casa das palabras


O concello da Coruña porá en marcha unha "Casa das Palabras" nos terreos dun antigo cemiterio musulmán. Terá diferentes funcións que a que se proxecta en Vigo, xa que mentres que a viguesa ocuparase dos fenómenos da linguaxe e da palabra nunha ampla concepción, a de Coruña centrarase nas diferentes acepcións e referencias da palabra "Coruña" ten en tódalas linguas existentes. O orzamento será tamén bastante diferente: mentres a Casa das Palabras de Vigo contará cun orzamento de 9 millóns de euros, achegados nunha gran parte pola Unión Europea, o museo da Coruña ten un orzamento inferior: 240.000 euros e contará con subvención do Ministerio de Medio Ambiente.











Adiante, Caixanova


Caixanova será socia do Consello no novo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), aínda que falta por concretar cal será a súa achega económica a un proxecto que precisará duns 4,5 millóns de euros anuais para o seu mantemento. As previsións da dirección apuntan a conseguir ingresos a través da venda de entradas, o restaurante e o quiosco, como mecanismos compensatorios do forte gasto que implicará o museo. A Fundación que se constituirá contará con dous socios fundamentais, deste xeito: o Consello e Caixanova, e outros tres cun papel menor: a Xunta, a Diputación e o Estado.












Rede de Museos

E en Ourense se están a producir novas iniciativas museísticas. A Fundación de Desenvolvemento Comarcal de Verín está a preparar un proxecto para obter financiamento europeo do Plan de Desenvolvemento rexional Interreg. O proxecto consistirá nunha rede de setenta museos das comarcas de Monterrei, O Salnés, o Baixo Miño e do Norte de Portugal. E non só se trata diso: tamén pensan na creación dun museo de xoguetes antigos e etnografía en A Xironda (Cualedro), un centro da castaña de Riós, un museo do viño en Monterrei, do Entroido en Laza e un centro de interpretación das antigas minas de Vilardecervos (Vilardevós)