O Museo do Mar impulsa unha rede de centros de tema marítimo

Unha xuntanza reuniu representantes de diferentes museos galegos especializados

7/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha boa parte dos museos de carácter local ou comarcal dedicados ao mar en Galicia constituiranse nunha rede para coordinar recursos, actividades e mesmo para desenvolver un sistema común de inventario. Representantes de centros da Guarda, Redondela, O Grove, o Museo Massó, o Museo Anfaco e da Rede de Museos de Lugo asistiron o pasado venres á xuntanza que convocou Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia. Tamén os centros de Rianxo e Baiona amosaron o seu interese en participar no proxecto. Carrera puxo a disposición dos participantes as mostras que se desenvolvan no seu centro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museo Massó, Museo Massó, Museo do Mar de Galicia...