Catro museos incorpóranse á rede de Espazos Museísticos Atlánticos

A rede suma xa quince espazos museísticos en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Fábrica de Sel, en Muros, acolleu o pasado xoves a xuntanza do consello da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos, unha entidade que reúne a espazos "cun interese común por preservar a cultura mariñeira e a historia". Nesta reunión, a rede decidiu integrar tamén o Museo ANFACO da Industria Conserveira, o Museo de Historia Natural de Ferrol, o Museo Mares de Cedeira e a Torre de Hércules. Aínda que a rede ten vocación de integrar diferentes centros da fachada atlántica europea, ata agora a maior parte deles son de Galicia, máis o Museo Marítimo de Ílhavo, en Portugal, ata un total de quince entidades. O obxectivo da rede REMA é obter unha imaxe conxunta, promoción dos espazos "a nivel internacional" e "ampliar a rede de contactos e a cooperación en proxectos".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Torre, Ferrol, Cedeira...