Nace a Rede de Centros Museísticos de Ferrolterra

Trece centros de diferentes temáticas participan desta iniciativa comarcal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Nace a Rede de Centros Museísticos de Ferrolterra

Un total de trece museos e centros de interpretación acaban de pór en marcha a Rede de Centros Museísticos de Ferrolterra. Esta nova entidade pretende sumar sinerxías, compartir experiencias e favorecer a visibilidade destes espazos na comarca. Como primeiro proxecto conxunto das entidades participantes, a Rede acaba de publicar un tríptico no que se localizan as mesmas e se dan a coñecer os variados contidos que as vertebran.

Na actualidade fan parte do proxecto o Museo Naval, o da Construción Naval e o de Historia Natural de Ferrol, o Museo Mares e o Castelo da Concepción en Cedeira, o Etnográfico da Capela, o Etnográfico Monte Caxado das Pontes, o Museo Pérez Porto de cerámica (Esmelle), o Museo do Humor Xaquín Marín de Fene, o Centro de Interpretación de Caldoval (Mugardos), a Casa do Mel de Goente, o Océano Surf Museo (Valdoviño) e o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, situado en Moeche.

De cara ao futuro, a Rede non desbota incorporar novos espazos da zona, e prevé organizar unha exposición conxunta que dea a coñecer o proxecto para o vindeiro mes de setembro.

Centros Museísticos de Ferrolterra. Fonte: Facebook dos centros

Centros Museísticos de Ferrolterra. Fonte: Facebook dos centros

Que che parece esta nova?
134 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrolterra, Museos, Facebook, Xaquín Marín...